Denuncia do equilibrio (1986) é o primeiro poemario de Xela Arias. Nel, domina o protagonismo do fondo fronte a unha certa despreocupación pola forma, cunha linguaxe poética moi persoal.
Arbitrariedade na sintaxe, escaso uso de signos de puntuación e aparente descolocación das maiúsculas. Todo, ao servizo da beleza a través da creación máis singular que caracteriza á autora.
o reverso dos azuis
os nenos xogando aceras
dez polegadas cara á muralla
E tododiós, entre seguro -están andando-
¡e eu que posuía unha clave
dourada para as fugas!
escolma
Podes ver e escoitar esta selección poética da obra.